Thursday 02 de May de 2024

Acto reivindicativo de apoio á hostalería e outros sectores económicos da vila


1. O xoves 3 de xuño procederase a unha concentración ao longo da estrada AC-305, ao seu paso dende a rotonda da estación de autobuses ata o cruce coa rúa Venecia, incluíndo a rúa Díaz de Rábago, rúa da Paz e rúa Gasset. Terá unha duración de media hora, dende as 12:00 ás 12:30 horas.

2. Como acción simbólica de apoio á hostalería proponse consumir “un café” e desprazarse dende o establecemento ata o tramo de rúa máis próximo, ocupando a calzada da AC-305. Sempre garantido as medidas de prevención en canto ao uso da máscara e á distancia de seguridade.

3. Comezarase unha recollida de sinaturas para entregar ao Comité Clínico, cun texto reivindicativo sobre a situación actual do sector da hostalería e outros negocios afectados polo peche obrigatorio.